Teixugueiras 22

Urvisa

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
Home Noticias Bonificación do 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Vivendas de Protección Oficial

Bonificación do 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Vivendas de Protección Oficial

E-mail Print PDF
There are no translations available.

Terán dereito a unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto, durante os tres períodos impositivos seguintes ao do outorgamento da calificación definitiva, as vivendas de protección oficial e as que resulten equiparables a estas conforme á normativa da Comunidade Autónoma. Dita bonificación concederase a petición do interesado e poderá efectuarse en calquera momento anterior á terminación dos tres períodos impositivos de duración da mesma e surtirá efectos, no seu caso, dende o período impositivo seguinte aquel en que se solicite.

Unha vez esgotada a bonificación do 50%, estas vivendas gozarán durante tres exercicios máis dunha bonificación do 25% da cota íntegra.

 

A quen está dirixido

Titulares de vivendas de protección oficial.

Como facelo

Por Internet

Presentando a solicitude a través da carpeta do cidadán adxuntando a documentación requirida.

Tramitar por Internet

Presencialmente

Presentando a solicitude e a documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello.

Documentación requirida

Oficinas

  • Oficina do I.B.I.

    Concello de Vigo
    Administración de Tributos - Departamento de I.B.I.
    Planta Baixa
    Praza do Rei 1
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 116

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Ver información original: http://cdixital.vigo.org/expedientes/tramites/tramite.jsp?id_tramite=492&lang=ga

Last Updated on Saturday, 07 March 2009 15:43